Logo do éxito de asistencia da primeira edición, a asociación Castelo Deporte leva ao Xalo este domingo a primeira e única mediomaratón de montaña de Galicia, que contará coa presenza de máis de trescentos participantes procedentes de diferentes países como Portugal, España, Francia ou Ucrania.
A proba, considerada unha das máis duras das que se celebran actualmente en toda a Península, percorre ata tres concellos da comarca (Culleredo, Carral e Cerceda) por sendeiros, corredoiras, e pendentes con grandes desniveis nos que os corredores precisan ata empregar cordas para manter o equilibrio.
De xeito paralelo, Castelo Deporte organiza unha andaina popular na que participarán ao redor de cen persoas e que percorrerá unha ruta de 12,5 quilómetros por algúns dos lugares de maior valor paisaxístico do monte Xalo.
Case corenta voluntarios colaborarán na organización da proba, na que participa tamén a Concellería de Deportes, Participación Cidadá e Festas do Concello de Culleredo e a Deputación da Coruña entre outras entidades privadas.
Deixa un comentari